Detective Ferruchi

https://www.libreriainstituto.es/web/image/product.template/8526/image_1920?unique=b436c1b

Marta Villar
Editorial Edicións Xerais
9788411105910

21,95 € 21.95 EUR 21,95 €

Not Available For Sale

Esta combinación no existe.

Consultar disponibilidad

Detalles del libro

Resumen

Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais. A trama céntrase na investigación paralela deste crime que realiza Sol e durante as súas pescudas xorden unha morea de personaxes peculiares e sorprendentes que amosan, unhas veces con humor e outras con gravidade, temas da sociedade actual que invitan á reflexión.
Ao longo da historia visibilízanse colectivos minoritarios que reivindican o valor da diferenza e rachan cos prexuízos. «Detective Ferruchi» tamén lles dá voz a todas esas mulleres que desde os anos oitenta axudaron a levantar un imperio téxtil internacional grazas ao seu traballo nas cooperativas. Un traballo duro pero que para moitas significou a súa independencia económica.
«Detective Ferruchi», de Marta Villar, é unha novela coral e divertida contada cun ton irónico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final.

ISBN 978-84-1110-591-0
EAN 9788411105910
Editorial Edicións Xerais
Autor Marta Villar
Fecha de publicación 01/10/2024
Encuadernación Rústica
Idioma glg
Número de páginas 480
Dimensiones 15.5 x 23.0 x 3.5 cm
Peso 622 g
Público objetivo
Audiencia General